O NOSO LEMA


Excelente mestra/e é aquela ou aquel que, ensinando pouco, fai nacer no alumnado o gran desexo de aprender

domingo, 6 de junio de 2010

ESTAMOS REMATANDO O CURSO!

XA ENTRAMOS NA RECTA FINAL DO CURSO.
TEMOS O HORARIO DE VERÁN:
SO TEMOS CLASES POLAS TARDES OS MARTES E XOVES.

NA AULA ESTAMOS REMATANDO E ENCADERNANDO OS LIBROS QUE FIXEMOS CON TÓDOLOS DEBERES DOS CONTOS!!! ESTANOS QUEDANDO UN LIBRO BASTANTE GORDO!!

OS OUTROS LIBROS XA OS TEMOS CASE CASE ACABADOS.

E OS VERMES DE SEDA... POIS XA SO TEMOS "CASULOS" AGORA ESTAMOS ESPERANDO A QUE PASE A METAMORFOSE PARA PODER VER O FINAL DO PROCESO, CON ISO TAMEN FINALIZAMOS O LIBRO DESTES BICHIÑOS.

ASÍ POUQUIÑO A POUCO FOMOS FACENDO MOITAS COUSAS.

ÁNIMO A TODOS E A TODAS, QUE XA NON NOS QUEDA NADA!!!

10 comentarios:

  1. Ola rapazas e rapaces!!!!

    Nós somos uns estudantes de maxisterio da Facultade de Santiago de Compostela que dende fai un tempo vimos seguindo a vosa andaina por este blog.
    Mesmo falamos do voso traballo pola rede na nosa clase.
    Como sabemos que estades a piques de rematar o curso farianos moita ilusión poder ir ó voso cole e coñecervos, pasar unha tarde con vós e facer algo xuntos. Apetécevos????

    ResponderEliminar
  2. OLA.
    ACABAMOS DE LER O VOSO COMENTARIO E ENCANTARÍANOS QUE VIÑERADES COÑECERNOS E VER A NOSA CLASE. TEMOS CAPULLOS DE GUSANOS DE SEDA, PLANTAS... QUE ILUSIÓN!!
    ATA PRONTO!!

    ResponderEliminar
  3. É alucinante todo todo o que traballáchedes todos e o ben que o fixechedes. Esperamos que en 1º sigades así, con tanta ilusión e tantas ganas. É xenial a idea de seguir o ano que ben cos obradoiros tanto os de Ed. Infantil como os de 1º e 2º de Ed. Primaria.
    Este curso foi estupendo por parte de todo o equipo que formades o colexio, mestres/as, alumnos/as, o conserxe, o director, o secretario,coidadoras de comedor... por todos/as e tamén é incrible que ata os/as alumnos/as de maxisterio, futuros mestres, estén seguindo a vosa, bueno, a nosa andaina.
    Pena que crezades tan rápido...
    Un saudiño

    ResponderEliminar
  4. Pois tedes que saber que a vosa andaina serviu de exemplo a seguir na nosa facultade
    Asique ánimo e noraboa polo traballo que todos xuntos conseguistes!

    Rapazas e rapaces estivemos pensando e como sabemos que maña tedes clase pola tarde ...en facervos unha pequena visita!
    podemos??

    ResponderEliminar
  5. Nosotros ya sabíamos que hemos sido muy afortunados este curso - todos hemos aprendido muchísimo con Anabel (no sólo los alumnos!) y la verdad es que no creo que sería facil encontrar mejor modelo para seguir. Me alegro mucho que el buen trabajo también está reconocido por los de fuera! Futuros maestros - cuando seáis padres os dareis cuenta de la satisfacción y tranquilidad nos da saber que nuestros peques están en buenas manos. ¡Qué disfrutéis de la tarde con ellos!

    ResponderEliminar
  6. Ola a todas e todos!!!

    Aquí os futuros mestres á fala!
    Hoxe estivemos no cole pola tarde. En primeiro lugar dar as grazas a Anabel por tratarnos con tanta amabilidade e por axudarnos e aconsellarnos en todo momento!
    En segundo lugar grazas ós artistas por facer ese marabilloso mural para que nós ensinemos na Faultade o traballadores qeu son os nenos do cole de Vedra!
    Foi unha experiencia única e insequecible para nós estar hoxe cas ananas e ananos.
    É asombroso o intelixentes e avanzados que están estes nenos, con tan só 5 aniños que teñen, xa saben ler, escribir e comezan coas multiplicacións!!!!!
    Foi impactante chegar a unha aula de infantil e ver no encerado a tabla do 1!
    Creemos que debedes sentirvos orgullosos de todo o que conseguistes que ó noso parecer é moitíiisimo!

    Unha aperta a todas e todos, e un moi forte para Anabel que se portou máis que ben con nós!!!

    Graciñas de novo !!!

    ResponderEliminar
  7. uff!!MOITISIMAS GRAZAS POR ESTES COMENTARIOS.
    EN PRIMEIRO LUGAR DECIRVOS QUE TODO O QUE SE PUIDO FACER É GRAZAS Á COLABORACIÓN DA FAMILIA, NON ME CANSAREI DE REPETILO, AS COUSAS PODEN FUNCIONAR SE TEMOS UN TRABALLO COLABORATIVO E TIRAMOS PARA O MESMO LADO. SEN A VOSA AXUDA NON CONSEGUIRIAMOS TANTAS TANTAS TANTAS COUSAS.

    EN SEGUNDO LUGAR DICIRLLES A ESES FUTUROS DOCENTES QUE PARA SER O PRIMEIRO CONTACTO CON NENAS E NENOS DE 5 ANOS FIXÉRONO MOI MOI BEN.
    VÉSELLES MOI ANIMADOS E CON INICIATIVA, NÓTASE QUE LLES GUSTA A PROFESIÓN E TRANSMITENO! ESPERO QUE NON VOS DESILUSIONEDES, PORQUE É UNHA CARREIRA MOI AGRADECIDA, MOTIVANTE, ENRIQUECEDORA... E POR SUPOSTO POLA QUE HAI QUE SENTIR UNHA GRANDE VOCACIÓN!!
    XA SABEDES ONDE ESTAMOS E COMO CONTACTAR CON NÓS PARA FUTUROS TRABALLOS, ESTAREMOS ENCANTADOS E ENCANTADAS DE ATENDERVOS!!!

    EN TERCEIRO LUGAR, QUERIA PUNTUALIZAR QUE NO ENCERADO DA AULA ESTABAN AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR DO 1 E DO 2.

    GRAZAS A TODAS E A TODOS

    ResponderEliminar
  8. A educacion, tratase de tres lados co que se pretende formar un triangulo, a poder ser equilatero.
    O profesor, o alumno e a familia, si un deles falla o triangulo nunca poderase formar, por iso e tan importante a comunicacion entre eses tres catetos que hai que pechar.
    E a mellor forma de aprender e xogando todos xuntos, sin separar o colexo da casa, nin do entorno.
    O curso funcionou, porque existe a comunicación, o poder opinar e expresar o que pensamos, facendo criticas constructivas, positivas o negativas fainos mais enriquecedores e mais persoas.
    gracias a todos.

    ResponderEliminar
  9. Domingos e tareixa12 de junio de 2010, 8:55

    ola a todos, temos que comunicaros que hoxe pola mañan, cando baixamos a almorzar, levamonos unha enorme sorpresa.
    Naceron duas volvoretas, acabaran de nacer porque unha ainda no se movia e a outra non paraba de mover as alas para secalas.
    Son blancas, teñen uns ollos grandes e tamen unhas antenas que parecen cornos.
    Despois teremos que a buscar mais moreira para darlles de comer.
    Non sabemos como chamarlles<?, pero son tan monas...

    ResponderEliminar
  10. OLA!!
    QUE BEN!! POR FIN SAIRON! XA SABIAMOS QUE TIÑAMOS UNHA SEMANA DE RETRASO POLO MAL TEMPO...
    ESPERAMOS QUE MAÑÁ MINGOS E TAREIXA NOS POIDAN CONTAR POR QUÉ SO UNHA MOVÍA AS ÁS, XA MIRASTES CAL É O MACHO E CAL A FEMIA?
    COMEN??
    AGORA PODEREMOS REMATAR O PROXECTO E CONTESTAR AS ÚLTIMAS PREGUNTAS.
    ATA MAÑÁ!!!

    ResponderEliminar