O NOSO LEMA


Excelente mestra/e é aquela ou aquel que, ensinando pouco, fai nacer no alumnado o gran desexo de aprender

sábado, 30 de enero de 2010

PREPARÁMONOS PARA O ENTROIDO

ESTA SEMANA EMPEZAREMOS A FALAR DO ENTROIDO!



BENVIDO DON CARNAL!!
PERO DE ONDE VEN??
O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas.
Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galicia. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes, pero a dúbida asalta ao preguntármonos pola súa orixe: hai quen di que veñen dos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban aos morosos que non pagasen a tempo. Sen embargo, tanto Vicente Risco coma Bouza Brey viron neles unha orixe moito máis antiga. Risco cría que proviña das asociacións segredas primitivas ou de ritos sagrados e Bouza supón que as súas orixes pertencen á prehistoria, coma unha evolución de vellas cerimonias tribais.
Outros protagonistas do Entroido son os "xenerais" en Boqueixón, Vedra, A Estrada, Vila de Cruces e Silleda; as Pantallas de Xinzo de Limia, os boteiros e "foliós" en Viana do Bolo, as máscaras traballadas dos Volantes en Chantada , ademais dos xa coñecidos Cigarróns de Laza e Verín son algúns dos sinais desta festa tque se pechará un mércores de cinza coa queima do Momo e o Meco ou o enterro do Ravachol en Pontevedra.
Tempo para a diversión e para o bo xantar... porque outra compoñente -importantísima do Entroido galego é a gastronomía: o lacón con grelos como prato forte, acompañado de doces como as orellas ou as filloas, son as comidas típicas destas festas.

BENVIDO XABI!!

O XOVES XA SE INCORPOROU XABI!
TROUXONOS VARIOS REGALOS DE "LA PALMA":


- UNHA RATA QUE PODEREMOS COLGAR DO TEITO

- UNHA BOLA DE CRISTAL CON NEVE

- UN LAPIS XIGANTE

GUSTARONNOS MOITO!

TAMEN TROUXO UNHAS POSTAIS QUE ESTIVEMOS VENDO, E QUE EL LLES EXPLICOU AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DA SUA MESA. OUTRO DIA VOLVERA TRAELAS PARA ENSINARLLAS A OUTRA MESA.

A TARDE FOMOS A AULA DE AUDIOVISUAIS E ESTIVEMOS ENSINANDOLLE TODO O QUE LLE ESCRIBIMOS NO BLOG PARA EL.

DE NOVO CHE DICIMOS: BENVIDO!!!

miércoles, 27 de enero de 2010

OLA XABI

OLA!
TEMOS UN COMPAÑEIRO DE VACACIÓNS COS SEUS AVÓS NA PALMA. XA O BOTAMOS DE MENOS!
XA TEMOS GANAS DE QUE VOLVA!
ESTA SEMANA APRENDEMOS A "R", ESCRIBIMOSLLE ÓS NOSOS AMIGOS DE MIÑO E CONTINUAMOS O CONTO!
TI XA ACABACHE OS DEBERES QUE LEVABAS??
VOLVE PRONTO!
ERES UN BO AMIGO DE PARTE DE CLAUDIA E TAMÉN DI QUE A PROFE ANA O BOTA MOITO DE MENOS, PREGUNTA TÓDOLOS DÍAS POR EL.
UNHA APERTA PARA TI DE PARTE DE NEREA
DOMINGOS, DIEGO E ANDRÉ BÓTAMOSTE MOITO MOITO DE MENOS
CARLOTA CEA MÁNDACHE UN BICO
CARLOTA VICENTE DI QUE ERES UN BO ESTUDANTE
NOELA DI QUE ESTAMOS ESPERANDO QUE VOLVAS PARA XOGAR
UN ABRAZO DE PARTE DE MIRIAM
LUCIA DI QUE SUPÓN QUE TE ESTÁS DIVERTINDO MOITO
DIEGO DI QUE NON SABE CANDO VES PERO QUE CHE MANDA UN BICO
DAVID DI QUE ERES MOI BO NA CLASE

E EN XERAL QUE TE BOTAMOS DE MENOS E QUE TEMOS GANAS DE QUE VOLVAS!

jueves, 14 de enero de 2010

COMEZAMOS O 2º TRIMESTRE

XA EMPEZAMOS UN NOVO TRIMESTRE!!
PAPÁ NOEL E OS REIS TROUXERONNOS MOITAS COUSAS NAS CASAS E NO COLEXIO DEIXÁRONNOS UNS XOGOS INTERACTIVOS DE CAILLOU!!
HOXE, XOVES, IMOS ESTREALOS!!


NESTE MES IMOS ESTUDAR O INVERNO E O CIRCO!! DURANTE ESTA SEMANA ESTAMOS MIRANDO QUE É O QUE SABEMOS DOS TEMAS, E PARA A QUE VEN IMOS COMEZAR UN ESTUDO MÁIS PROFUNDO!