O NOSO LEMA


Excelente mestra/e é aquela ou aquel que, ensinando pouco, fai nacer no alumnado o gran desexo de aprender

domingo, 20 de septiembre de 2009

EMPEZAMOS A TRABALLAR

ESTA SEMANA XA EMPEZAMOS MOI DURO!!

FIXEMOS O NOSO PRIMEIRO MURAL COA AXUDA DOS NENOS E NENAS DA AULA DE 4 ANOS.

TAMÉN RECORREMOS O COLEXIO, PARA VER TÓDOLOS RECUNCHOS, E ATA NOS SENTAMOS NAS CADEIRAS DOS RAPACES E RAPAZAS MAIORES... E ERAN TAN ALTAS QUE NON LLE CHEGABAMOS O CHAN COS PÉS.

6 comentarios:

  1. Paréceme alucinante... Acaba de comezar o curso e as/os nenas/os están encantadas/os, motivadísimas/os e cunhas ganas de traballar que espero que lles dure unha boa tempada. Son a nai de Carlota V. e en tres semanas que levamos de curso xa podo presumir de que "XA SABE ESCRIBIR". ¿O truco? Pois... como di a profe "HAI QUE PENSAR COA CABEZA".
    Noraboa por comezar tan forte. Un saúdo a todos.

    (Este blog está genial)

    ResponderEliminar
  2. ANABELA,PENSO QUE ESTAS FACENDO UN TRABALLO MOI BO.
    OS NENOS ESTAN MOTIVADOS, QUEREN IR O COLE, QUEREN FACERCHE DIBUXOS PARA QUE NON TEÑAS EN CONTA O QUE FIXERON O DIA ANTERIOR...
    GRACIAS POLA TUA PACIENCIA

    ResponderEliminar
  3. Son a avoa de Mingos, e estou encantada de poder ollar o que fai o meu neto no seu cole. Aproveitar as ferramentas da rede que temos ao noso alcance axudan a estimular á familia e aos propios rapaces, sabendo que o seu traballo non queda somentes dentro das paredes da escola.
    Felicidades pola iniciativa e que non decaigan os ánimos ante a dura labor da ensinanza.

    ResponderEliminar
  4. Ola compi, irmá, amiga...!

    NOraboa polo blog, mira que chulo está quedando. Vémonos en breve!

    Ás familias: TEDES UNHA MESTRA INCRIBLE, OS RAPACES E RAPAZAS VAN A APRENDER MOITÍSIMO ADEMAIS DE PASALO MOI BEN.

    bICOS E APRETAS DENDE MIÑO!!
    destinosaleta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  5. Ola
    Son Otilia, a mamá de Noela, esto do blog pareceme unha boa ferramenta para ver o que fan os nosos nenos.Grazas polo teu interese e esforzo.Por certo Noe está indo moi rápido coa escritura.

    ResponderEliminar
  6. Moitas grazas a todas! isto seguirá adiante se traballamos todos e todas xuntas. Estou moi contenta coa resposta que me estades dando!
    así anima traballar!!
    noraboa polos nenos e nenas que tedes! é todo mérito deles e delas!

    ResponderEliminar