O NOSO LEMA


Excelente mestra/e é aquela ou aquel que, ensinando pouco, fai nacer no alumnado o gran desexo de aprender

domingo, 13 de junio de 2010

TRABALLO COS NENOS E NENAS GRANDES!

O MARTES (8 DE XUÑO DE 2010) VIÑERON UNHAS RAPAZAS E UN RAPAZ Á NOSA CLASE PARA FACER UN TRABALLO DA UNIVERSIDADE.

PUXÉRONSE EN CONTACTO CON NÓS A TRAVÉS DO BLOG. E CANDO SE PRESENTARON, COMPROBAMOS QUE UNHA DAS RAPAZAS TIÑA OS MESMOS APELIDOS CA PROFE,E XA NOS DEMOS CONTA DE QUE ERAN IRMÁS...

CON EL E CON ELAS APRENDEMOS A ESCRIBIR MENSAXES SECRETAS, SABEDES CON QUÉ? CON ZUME DE LIMÓN!!

TAMEN FIXEMOS TINTES CON ELEMENTOS NATURAIS: TÉ, REMOLACHA DE MESA, TERRA, CAFÉ, AZAFRÁN, ROSAS, HERBA...

DESPOIS, CLARO, PINTAMOS CON ELES E FIXEMOS UN MURAL GRANDE.
E ANTES DE MARCHAR DÉRONNOS UNHAS "CHUCHES" POR AXUDARLLES.

PASÁMOLO MOI BEN, E CANDO XA NON ESTABAN PINTAMOS CON MÁIS CALMA E QUEDAMOS CUN DEBUXO DE RECORDO!

PODEDES VOLVER CANDO QUEIRADES!

4 comentarios:

  1. Moitas grazas a todos e todas vos!
    Fostes moi amables e moi participativos.
    Axudástesnos a facer ese gran mural cos tintes naturais e a escribir as mensaxes secretas!
    sen dúbida foi unha gran tarde, nós pasámolo moi ben e iso foi grazas a vós!

    Unha aperta e ata pronto!

    ResponderEliminar
  2. Ola!!! Como me gustou esa idea, eu estiven mirando este ano o de facer tintes naturais e ao final non me atrevín por falta de confianza e descoñecemento do tema, asique estou esperando con ansia a receita. :-)
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. ola son diego querolle decir a profe anabel que este curso paseino moi ben e con moita ilusion tamen que aprendin moitas cousas gracias de parte de meus pais e un bico a anabel de diego e bo veran

    ResponderEliminar