O NOSO LEMA


Excelente mestra/e é aquela ou aquel que, ensinando pouco, fai nacer no alumnado o gran desexo de aprender

jueves, 24 de junio de 2010


XA REMATAMOS A ESCOLA!
DESPOIS DE CASE 10 MESES XUNTOS, CHEGAMOS Ó FINAL DA NOSA ANDAINA!

EN TODO ESTE TEMPO PASÁRONNOS MOITAS COUSAS QUE FOMOS ESCRIBINDO AQUÍ E OUTRAS MOITÍSIMAS MÁIS QUE NON PUXEMOS.

Á VECES PASÁMOLO MOI MOI BEN, OUTRAS NON TANTO.

CASE SEMPRE NOS PORTAMOS REQUETEBEN, E APRENDEMOS MOITÍSIMAS COUSAS.

O MÁIS IMPORTANTE É QUE DESCUBRIMOS QUE NÓS SOLOS E SOLAS FACEMOS TODO, PORQUE A PROFE É MOI MOI VAGA E NON NOS FACÍA NADA... NIN NOS ABRÍA AS GALLETAS DA MERENDA...

AGORA NO VERÁN TEMOS QUE SEGUIR LENDO, ESCRIBINDO, SUMANDO, RESTANDO, VESTÍNDONOS E ESPÍNDONOS SOS E SOAS...

E SOBRE TODO, A PROFE DIXO QUE DEBEMOS PASAR UNHAS MOI BOAS VACACIÓNS PORQUE O MERECEMOS!!!!

BO VERÁN A TODAS E TODOS!!!


VÉMONOS PARA O ANO QUE VEN!

domingo, 13 de junio de 2010

CONVIVENCIA COS NENOS E NENAS DO CRA BOQUEIXÓN-VEDRA


FIXEMOS UNHA CONVIVENCIA COS NENOS E NENAS DO CRA DE BOQUEIXÓN E VEDRA.
SON NENOS E NENAS QUE SERÁN OS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS PRONTO, ALGÚNS DELES XA VEÑEN EN SETEMBRO...

CHEGARON Ó COLE MOI CEDO, ANTES CA NÓS!
DESPOIS O DIRECTOR E A XEFA DE ESTUDOS ENSINÁRONLLES O COLE POR DENTRO E POR FÓRA. Ó REMATAR DIVIDÍRONNOS POR IDADE E LEVÁRONNOS AS CLASES QUE LLES CORRESPONDERÍAN.
A NOSA VIÑERON AS NENAS E NENOS DE 5 ANOS, ERAN 16, E COMO NÓS XA SOMOS 15 TIVEMOS QUE SAIR DA CLASE PARA XOGAR E COÑECERNOS. PERO ANTES TIVEMOS QUE ENSINARLLES E EXPLICARLLES TODO O QUE SABEMOS DOS VERMES DE SEDA!

ÁS 11.20 SAÍMOS Ó RECREO E MERENDAMOS TODOS E TODAS XUNTAS.

E O ACABAR FIXEMOS 6 GRUPOS DE CORES, MEZCLÁNDONOS POR IDADES. AS PROFES COLLERON OS GRUPOS E FOMOS PARA O PAVILLÓN DE DEPORTES, ONDE NOS TIÑAN PREPARADAS UNHAS ESTACIÓNS DE XOGOS: CIRCUITOS, PARACAÍDAS, AROS, ZANCOS, RELEVOS, BALONCESTO. ROTAMOS E XOGAMOS A TODO

ÁS 13.00 HORAS LAVAMOS AS MANS E COMEMOS NO COMEDOR.

ÁS 14.00 OS INVITADOS E INVITADAS MARCHARON E NÓS XOGAMOS NO PATIO DOS MAIORES.

FOI UN DÍA DISINTO NO QUE NOS DIVERTIMOS MOITÍSIMO!!

TRABALLO COS NENOS E NENAS GRANDES!

O MARTES (8 DE XUÑO DE 2010) VIÑERON UNHAS RAPAZAS E UN RAPAZ Á NOSA CLASE PARA FACER UN TRABALLO DA UNIVERSIDADE.

PUXÉRONSE EN CONTACTO CON NÓS A TRAVÉS DO BLOG. E CANDO SE PRESENTARON, COMPROBAMOS QUE UNHA DAS RAPAZAS TIÑA OS MESMOS APELIDOS CA PROFE,E XA NOS DEMOS CONTA DE QUE ERAN IRMÁS...

CON EL E CON ELAS APRENDEMOS A ESCRIBIR MENSAXES SECRETAS, SABEDES CON QUÉ? CON ZUME DE LIMÓN!!

TAMEN FIXEMOS TINTES CON ELEMENTOS NATURAIS: TÉ, REMOLACHA DE MESA, TERRA, CAFÉ, AZAFRÁN, ROSAS, HERBA...

DESPOIS, CLARO, PINTAMOS CON ELES E FIXEMOS UN MURAL GRANDE.
E ANTES DE MARCHAR DÉRONNOS UNHAS "CHUCHES" POR AXUDARLLES.

PASÁMOLO MOI BEN, E CANDO XA NON ESTABAN PINTAMOS CON MÁIS CALMA E QUEDAMOS CUN DEBUXO DE RECORDO!

PODEDES VOLVER CANDO QUEIRADES!

RECORDO DO ALUMNADO!

O XOVES CHEGOUME Ó COLEXIO UN REGALO MOI MOI ESPECIAL: UN LIBRO QUE TEN UN DEBUXO DE CADA UN DOS MEUS ALUMNOS E ALUMNAS DESTE ANO XUNTO CUNHA FOTO MIÑA E VARIAS DO GRUPO.

ADEMAIS DUNHA MOREIRA!! ESTA AÍNDA ESTÁ NO VIVEIRO Á ESPERA DE QUE SE ACONDICIONE O PATIO E SE LLE FAGA UN SITIO PRIVILEXIADO. ERA Ó MELLOR REGALO QUE NOS PODIADES FACER... ASÍ NON VOLVEREMOS TER PROBLEMAS PARA ATOPAR A COMIDA DAS NOSAS MASCOTAS.

DENDE AQUÍ QUERO DARLLES AS GRAZAS A TÓDALAS FAMILIAS DOS NENOS E NENAS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CPI DE VEDRA!

domingo, 6 de junio de 2010

ESTAMOS REMATANDO O CURSO!

XA ENTRAMOS NA RECTA FINAL DO CURSO.
TEMOS O HORARIO DE VERÁN:
SO TEMOS CLASES POLAS TARDES OS MARTES E XOVES.

NA AULA ESTAMOS REMATANDO E ENCADERNANDO OS LIBROS QUE FIXEMOS CON TÓDOLOS DEBERES DOS CONTOS!!! ESTANOS QUEDANDO UN LIBRO BASTANTE GORDO!!

OS OUTROS LIBROS XA OS TEMOS CASE CASE ACABADOS.

E OS VERMES DE SEDA... POIS XA SO TEMOS "CASULOS" AGORA ESTAMOS ESPERANDO A QUE PASE A METAMORFOSE PARA PODER VER O FINAL DO PROCESO, CON ISO TAMEN FINALIZAMOS O LIBRO DESTES BICHIÑOS.

ASÍ POUQUIÑO A POUCO FOMOS FACENDO MOITAS COUSAS.

ÁNIMO A TODOS E A TODAS, QUE XA NON NOS QUEDA NADA!!!

sábado, 22 de mayo de 2010

O IRMÁN DE XABI

XABI TIVO UN IRMÁN, QUE SE CHAMA IKER
E O OUTRO DÍA TRÓUXOO Ó COLE PARA PRESENTÁRNOLO.
ESTIVO EN TÓDALAS AULAS DE INFANTIL E A TODAS E TODOS NOS GUSTO MOITO TER UN BEBÉ TAN PEQUENIÑO NA CLASE.
NON CHOROU NADA!!

XABI NORABOA!

viernes, 21 de mayo de 2010

CONCURSO DE CONTOS

O CONCELLO DE VEDRA ORGANIZA UN CONCURSO DE CONTOS CO MOTIVO DAS LETRAS GALEGAS, XA VAN POLA EDICIÓN XIV...

NÓS PRESENTAMOS UN CONTO QUE SE TITULA "A AVENTURA DO TESOURO PERDIDO".

E TEMOS UNHA ESPECIAL MENCIÓN.


DE MODO QUE TÓDOLOS NENOS E NENAS DA NOSA CLASE QUE SE ACHEGUEN Á ENTREGA DE PREMIOS TERÁN UN PEQUENO AGASALLO.

ESTAMOS MOI CONTENTAS E CONTENTOS DE QUE O NOSO TRABALLO ESTEA RECOÑECIDO!

ADEMAIS TEMOS QUE FELICITAR A NOSA COMPAÑEIRA LUCÍA CASTRO DEVERELL QUE GAÑOU O 1º PREMIO NA CATEGORÍA DE 6-7 ANOS: NORABOA!

A ENTREGA DE PREMIOS TERÁ LUGAR O DOMINGO 23 DE MAIO
NA CASA DE CULTURA DE SANTA CRUZ ÁS 18.00 HORAS!