O NOSO LEMA


Excelente mestra/e é aquela ou aquel que, ensinando pouco, fai nacer no alumnado o gran desexo de aprender

miércoles, 24 de marzo de 2010

REMATAMOS O TRIMESTRE!!

O PRÓXIMO VENRES REMATAMOS XA O 2º TRIMESTRE DESTE CURSO 2009-2010.
FOI UN TRIMESTRE NO QUE APRENDEMOS E FIXEMOS MOITÍSIMAS COUSAS. A MODO DE REPASO:

ESTUDAMOS O INVERNO, OS XOGUETES, AS PROFESIÓNS, O CIRCO E OS MEDIOS DE TRANSPORTE E COMUNICACIÓN

CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ E O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA.

PARTICIPAMOS NO ENTROIDO DO COLEXIO

FOMOS DE EXCURSIÓN Á FERVENZA DO TOXA

OS NENOS E NENAS DE SECUNDARIA CONTÁRONNOS VARIOS CONTOS NA AULA DE PLÁSTICA

OUTROS E OUTRAS ALUMNAS DE SECUNDARIA TAMEN NOS FALARON DO DÍA MUNDIAL DA AUGA NA AULA DE AUDIOVISUAIS.

E MOITISIMAS COUSAS MÁIS QUE XA NON NOS LEMBRAMOS AGORA MESMO...

DENDE AQUÍ, EU COMO MESTRA, QUERÍA AGRADECERLLES ÁS FAMILIAS, UNHA VEZ MÁIS, A SÚA COLABORACIÓN EN TODO MOMENTO, SEN ELA O PROGRESO NON SERÍA TAN RÁPIDO.

NESTE TRIMESTRE CONSEGUIMOS MOITOS DOS OBXECTIVOS SINALADOS NA PROGRAMACIÓN, E OUTROS SUPERÁMOLOS CON CRECES!! CASE ESTAMSOS PREPARADOS E PREPARADAS PARA "SACAR O MANDILÓN"

MERECEMOS UN BO DESCANSO, PARA RECARGAR AS PILAS E VOLVER CON GANAS!!!!!

FELICES VACACIÓNS!!

SABEDES ALGO DO QUE MÁIS LLES GUSTOU ÓS NENOS E NENAS DA EXCURSIÓN??

DESPOIS DA CORRESPONDENTE PREGUNTA, QUE FOI O QUE MÁIS VOS GUSTOU DA EXCURSIÓN?? VARIAS NENAS, DIXERON QUE "AS COUSAS QUE NOS DESTES"
E SABEDES QUE LLES DEMOS?
POIS O CENTRO MERCOU UNS PANOS LARANXAS E UNHAS CHAPAS IDENTIFICATIVAS, OS PRIMEIROS TEÑEN O NOME E O NÚMERO DE TELEFONO DO CENTRO E AS CHAPAS ADEMAIS O NOME PERSONALIZADO DE CADA NENO E NENA. E TAMEN LLES REGALOU UNHAS GORRAS CO NOME DO CENTRO. NÓS DEIXAMOS AS GORRAS NO COLEXIO PORQUE ASÍ XA AS TEMOS PARA A PRÓXIMA EXCURSIÓN E A FINAIS DO CURSO PODERÁN LEVALAS PARA A CASA.


MIRADE QUE CHULOS E CHULAS IAMOS:

ACTUALIZAMOS O ALBUM DAS FOTOS DA EXCURSIÓN!

DESPOIS DE COMPROBAR AS AUTORIZACIÓNS DE USO DA IMAXE POUIDEMOS SUBIR MÁIS FOTOS Ó NOSO ALBUM, E XA O PODEDES VER!!
ESPARAMOS QUE VOS GUSTE!!

viernes, 19 de marzo de 2010

FOMOS DE EXCURSIÓN

O PASADO XOVES DÍA 18 DE MARZO, FOMOS DE EXCURSIÓN Á




FOMOS TÓDALAS CLASES DE EDUCACIÓN INFANTIL E AS CLASES DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

PASÁMOLO MOI MOI BEN!!

Ó CHEGAR PRESENTÁRONNSE AS MONITORAS E LOGO REPARTÍRONNOS EN 4 GRUPOS:
VERMELLO,
VERDE,
AZUL
E OUTRO SEN COR.

DESPOIS FIXEMOS 4 TIPOS DE ACTIVIDADES E FOMOS ROTANDO.

PERO, QUÉ FIXEMOS??
  • CONTÁRONNOS UN CONTO E VIMOS UNHA REPORTAXE
  • PLANTAMOS NO INVERNADOIRO
  • VIMOS E DÉMOSLLE DE COMER ÓS ANIMAIS
  • FIXEMOS PAN

Ó MEDIODÍA COMEMOS MOITÍSIMO, PORQUE ERAN AS 14.30 E TIÑAMOS MOITA MOITA FAME.

Ó REMATAR XOGAMOS UN POUCO NUN CAMPO DE FÚTBOL, RECOLLEMOS AS CHAQUETAS, BEBEMOS FOMOS Ó BAÑO E MONTAMOS NO AUTOBÚS ÁS 16.30.

CHEGAMOS Ó COLEXIO UN POUCO TARDE, E XA ESTABAN AS FAMILIAS E O EQUIPO DIRECTIVO UN POUCO PREOCUPADOS, PERO É QUE COMO O ESTABAMOS PASANDO TAN BEN....

DE TÓDOLOS XEITOS DESCULPÁDENOS POR FACERVOLO PASAR MAL UNS 10 MINUTOS!




CANDO VOLVEMOS DE EXCURSIÓN??!!!

PREMIO POR TER UN BLOG CHULI!!


Os nosos amigos e amigas e a profe Saleta da CPI "Castro Baxoi" de Miño (A Coruña) que teñen o
blog Destino Saleta deixáronnos este fermoso premio, creado por Bea do blog Cousas de peques para os blogs máis máis chulis.MOITAS GRAZAS!!

A condición deste premio é pasalo a 10 blogs que consideres chulísimos. Nós pasámoslle o agasallo a:

Profe Gaby "Miúdos de Goian" Tomiño

Profe Ángela "A trastenda do Cra de Monterrei" Monterrei

Profe Ana "Cousas da nosa clase" Pontedeume

Profe Uxía " Sereas sen cadeas" Aguiño- Ribeira

Profe Ramón "Unha presada de ollomaos" Vilanova de Arousa

Profe "Tolinha" "Casa de tolos"

Profe do blog "Migallas" Catoira

Profe Mela "Vidal Portela Kinders" Pontevedra

Profe Naiara "Duendes juguetones" Poio- Pontevedra

Profes do "Cole de cores" Cabana de Bergantiños

martes, 9 de marzo de 2010

FOMOS Ó MERCADILLO

NO NOSO COLEXIO OS NENOS E NENAS DE 6º DE PRIMARIA ORGANIZARON UN MERCADILLO PARA RECAUDAR CARTOS PARA A SÚA EXCURSIÓN DE FIN DE ETAPA.
NÓS FOMOS O MARTES VER COMO FUNCIONABA E O XOVES FOMOS GASTAR UNS €, ERAN OS CARTOS QUE GAÑAMOS POR PARTICIPAR NO ENTROIDO DO COLEXIO.
TIÑAMOS 1€ POR PERSOA, E CADA QUEN COMPROU O QUE QUIXO, UNS PUIDERON COMPRAR DÚAS COUSAS PORQUE CUSTABAN 0.50€ E OUTROS SO PUIDERON COMPRAR UNHA.
NO MERCADILLO HAI DE TODO: PULSEIRAS, LACA DE UÑAS, CERAS, TÉMPREAS, CONTOS, CARTEIRAS, FULARES, GARABATAS, PELUCHES, PENDENTES, E MOITISIMAS COUSAS MÁIS.
SE PODEDES ACERCÁDEVOS PARA AXUDARLLES, O HORARIO É O SEGUINTE:

MARTES E XOVES
POLA MAÑÁ: 11.20 A 11.50 HORAS
POLA TARDE: DE 14.00 A 15.20 HORAS

lunes, 8 de marzo de 2010

8 DE MARZO DE 2010

HOXE É O DÍA DA MULLER TRABALLADORA,
PARABENS A TODAS!!

SEGUNDO A WIKIPEDIA...

"O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita secular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home. Na antiga Grecia, Lisístrata empezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra; na Revolución Francesa, as parisienses que pedían "liberdade, igualdade e fraternidade" marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino.


A idea dun día internacional da muller xurdiu ao final do
século XIX, que foi, no mundo industrializado, un período de expansión e turbulencia, crecemento fulgurante da poboación e ideoloxías radicais."

E SE QUEREMOS SABER MÁIS PODEMOS VER ESTE VIDEO:

domingo, 7 de marzo de 2010

UNHA COMPAÑEIRA RECIBIU UN PREMIO!

PARTICIPAMOS NUN CONCURSO ORGANIZADO POLO CONCELLO DE VEDRA SOBRE A CAMELIA E CONCEDÉRONLLE O 2º PREMIO A PAULA NÚÑEZ NA NOSA CATEGORÍA, CLARO!
O PREMIO TIÑA QUE IR RECOLLELO O SÁBADO DÍA 27 DE FEBREIRO, PERO POR MOR DO TEMPORAL NON FOI, E TROUXÉRONLLO Ó COLEXIO. GERARDO, O NOSO CONSERXE, FOI O ENCARGADO DE ENTREGARLLE O DIPLOMA MÁIS UN AGASALLO.
NORABOA PAULA!!!

AH!! A TODOS E A TODAS QUE PARTICIPAMOS DARANNOS UN DIPLOMA!!

DEIXAMOS AS NOSAS PEGADAS

O MARTES E O MÉRCORES ESTAMPAMOS A PLANTA DO NOSO PÉ EN FOLIOS,
ENCANTOUNOS MANCHAR OS PÉS CON PINTURA... NON FOI TAN FÁCIL LOGO LIMPALOS
ASÍ REMATAMOS DE ESTUDAR O NOSO CORPO. A PARTIR DO MARTES TRABALLAREMOS OS MEDIOS DE TRANSPORTE E DE COMUNICACIÓN, FACENDO ESPECIAL FINCAPÉ NOS XORNAIS. E CELEBRANDO DESTE XEITO A SEMANA DA PRENSA (DO 8 E Ó 12 DE MARZO DE 2010)