O NOSO LEMA


Excelente mestra/e é aquela ou aquel que, ensinando pouco, fai nacer no alumnado o gran desexo de aprender

jueves, 24 de junio de 2010


XA REMATAMOS A ESCOLA!
DESPOIS DE CASE 10 MESES XUNTOS, CHEGAMOS Ó FINAL DA NOSA ANDAINA!

EN TODO ESTE TEMPO PASÁRONNOS MOITAS COUSAS QUE FOMOS ESCRIBINDO AQUÍ E OUTRAS MOITÍSIMAS MÁIS QUE NON PUXEMOS.

Á VECES PASÁMOLO MOI MOI BEN, OUTRAS NON TANTO.

CASE SEMPRE NOS PORTAMOS REQUETEBEN, E APRENDEMOS MOITÍSIMAS COUSAS.

O MÁIS IMPORTANTE É QUE DESCUBRIMOS QUE NÓS SOLOS E SOLAS FACEMOS TODO, PORQUE A PROFE É MOI MOI VAGA E NON NOS FACÍA NADA... NIN NOS ABRÍA AS GALLETAS DA MERENDA...

AGORA NO VERÁN TEMOS QUE SEGUIR LENDO, ESCRIBINDO, SUMANDO, RESTANDO, VESTÍNDONOS E ESPÍNDONOS SOS E SOAS...

E SOBRE TODO, A PROFE DIXO QUE DEBEMOS PASAR UNHAS MOI BOAS VACACIÓNS PORQUE O MERECEMOS!!!!

BO VERÁN A TODAS E TODOS!!!


VÉMONOS PARA O ANO QUE VEN!

domingo, 13 de junio de 2010

CONVIVENCIA COS NENOS E NENAS DO CRA BOQUEIXÓN-VEDRA


FIXEMOS UNHA CONVIVENCIA COS NENOS E NENAS DO CRA DE BOQUEIXÓN E VEDRA.
SON NENOS E NENAS QUE SERÁN OS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS PRONTO, ALGÚNS DELES XA VEÑEN EN SETEMBRO...

CHEGARON Ó COLE MOI CEDO, ANTES CA NÓS!
DESPOIS O DIRECTOR E A XEFA DE ESTUDOS ENSINÁRONLLES O COLE POR DENTRO E POR FÓRA. Ó REMATAR DIVIDÍRONNOS POR IDADE E LEVÁRONNOS AS CLASES QUE LLES CORRESPONDERÍAN.
A NOSA VIÑERON AS NENAS E NENOS DE 5 ANOS, ERAN 16, E COMO NÓS XA SOMOS 15 TIVEMOS QUE SAIR DA CLASE PARA XOGAR E COÑECERNOS. PERO ANTES TIVEMOS QUE ENSINARLLES E EXPLICARLLES TODO O QUE SABEMOS DOS VERMES DE SEDA!

ÁS 11.20 SAÍMOS Ó RECREO E MERENDAMOS TODOS E TODAS XUNTAS.

E O ACABAR FIXEMOS 6 GRUPOS DE CORES, MEZCLÁNDONOS POR IDADES. AS PROFES COLLERON OS GRUPOS E FOMOS PARA O PAVILLÓN DE DEPORTES, ONDE NOS TIÑAN PREPARADAS UNHAS ESTACIÓNS DE XOGOS: CIRCUITOS, PARACAÍDAS, AROS, ZANCOS, RELEVOS, BALONCESTO. ROTAMOS E XOGAMOS A TODO

ÁS 13.00 HORAS LAVAMOS AS MANS E COMEMOS NO COMEDOR.

ÁS 14.00 OS INVITADOS E INVITADAS MARCHARON E NÓS XOGAMOS NO PATIO DOS MAIORES.

FOI UN DÍA DISINTO NO QUE NOS DIVERTIMOS MOITÍSIMO!!

TRABALLO COS NENOS E NENAS GRANDES!

O MARTES (8 DE XUÑO DE 2010) VIÑERON UNHAS RAPAZAS E UN RAPAZ Á NOSA CLASE PARA FACER UN TRABALLO DA UNIVERSIDADE.

PUXÉRONSE EN CONTACTO CON NÓS A TRAVÉS DO BLOG. E CANDO SE PRESENTARON, COMPROBAMOS QUE UNHA DAS RAPAZAS TIÑA OS MESMOS APELIDOS CA PROFE,E XA NOS DEMOS CONTA DE QUE ERAN IRMÁS...

CON EL E CON ELAS APRENDEMOS A ESCRIBIR MENSAXES SECRETAS, SABEDES CON QUÉ? CON ZUME DE LIMÓN!!

TAMEN FIXEMOS TINTES CON ELEMENTOS NATURAIS: TÉ, REMOLACHA DE MESA, TERRA, CAFÉ, AZAFRÁN, ROSAS, HERBA...

DESPOIS, CLARO, PINTAMOS CON ELES E FIXEMOS UN MURAL GRANDE.
E ANTES DE MARCHAR DÉRONNOS UNHAS "CHUCHES" POR AXUDARLLES.

PASÁMOLO MOI BEN, E CANDO XA NON ESTABAN PINTAMOS CON MÁIS CALMA E QUEDAMOS CUN DEBUXO DE RECORDO!

PODEDES VOLVER CANDO QUEIRADES!

RECORDO DO ALUMNADO!

O XOVES CHEGOUME Ó COLEXIO UN REGALO MOI MOI ESPECIAL: UN LIBRO QUE TEN UN DEBUXO DE CADA UN DOS MEUS ALUMNOS E ALUMNAS DESTE ANO XUNTO CUNHA FOTO MIÑA E VARIAS DO GRUPO.

ADEMAIS DUNHA MOREIRA!! ESTA AÍNDA ESTÁ NO VIVEIRO Á ESPERA DE QUE SE ACONDICIONE O PATIO E SE LLE FAGA UN SITIO PRIVILEXIADO. ERA Ó MELLOR REGALO QUE NOS PODIADES FACER... ASÍ NON VOLVEREMOS TER PROBLEMAS PARA ATOPAR A COMIDA DAS NOSAS MASCOTAS.

DENDE AQUÍ QUERO DARLLES AS GRAZAS A TÓDALAS FAMILIAS DOS NENOS E NENAS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CPI DE VEDRA!

domingo, 6 de junio de 2010

ESTAMOS REMATANDO O CURSO!

XA ENTRAMOS NA RECTA FINAL DO CURSO.
TEMOS O HORARIO DE VERÁN:
SO TEMOS CLASES POLAS TARDES OS MARTES E XOVES.

NA AULA ESTAMOS REMATANDO E ENCADERNANDO OS LIBROS QUE FIXEMOS CON TÓDOLOS DEBERES DOS CONTOS!!! ESTANOS QUEDANDO UN LIBRO BASTANTE GORDO!!

OS OUTROS LIBROS XA OS TEMOS CASE CASE ACABADOS.

E OS VERMES DE SEDA... POIS XA SO TEMOS "CASULOS" AGORA ESTAMOS ESPERANDO A QUE PASE A METAMORFOSE PARA PODER VER O FINAL DO PROCESO, CON ISO TAMEN FINALIZAMOS O LIBRO DESTES BICHIÑOS.

ASÍ POUQUIÑO A POUCO FOMOS FACENDO MOITAS COUSAS.

ÁNIMO A TODOS E A TODAS, QUE XA NON NOS QUEDA NADA!!!

sábado, 22 de mayo de 2010

O IRMÁN DE XABI

XABI TIVO UN IRMÁN, QUE SE CHAMA IKER
E O OUTRO DÍA TRÓUXOO Ó COLE PARA PRESENTÁRNOLO.
ESTIVO EN TÓDALAS AULAS DE INFANTIL E A TODAS E TODOS NOS GUSTO MOITO TER UN BEBÉ TAN PEQUENIÑO NA CLASE.
NON CHOROU NADA!!

XABI NORABOA!

viernes, 21 de mayo de 2010

CONCURSO DE CONTOS

O CONCELLO DE VEDRA ORGANIZA UN CONCURSO DE CONTOS CO MOTIVO DAS LETRAS GALEGAS, XA VAN POLA EDICIÓN XIV...

NÓS PRESENTAMOS UN CONTO QUE SE TITULA "A AVENTURA DO TESOURO PERDIDO".

E TEMOS UNHA ESPECIAL MENCIÓN.


DE MODO QUE TÓDOLOS NENOS E NENAS DA NOSA CLASE QUE SE ACHEGUEN Á ENTREGA DE PREMIOS TERÁN UN PEQUENO AGASALLO.

ESTAMOS MOI CONTENTAS E CONTENTOS DE QUE O NOSO TRABALLO ESTEA RECOÑECIDO!

ADEMAIS TEMOS QUE FELICITAR A NOSA COMPAÑEIRA LUCÍA CASTRO DEVERELL QUE GAÑOU O 1º PREMIO NA CATEGORÍA DE 6-7 ANOS: NORABOA!

A ENTREGA DE PREMIOS TERÁ LUGAR O DOMINGO 23 DE MAIO
NA CASA DE CULTURA DE SANTA CRUZ ÁS 18.00 HORAS!

lunes, 10 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS 2010

ESTE ANO HOMENAXÉASE A UXÍO NOVONEYRANÓS APRENDEMOS UN POEMA. E FIXEMOS UN CUCO CON PLUMAS DE VERDADE!!!

O POEMA:

CANTA O CUCO CALA E CANTA
DOS CASTIÑEIROS DO VAL.
PASA O TEMPO E NON DI NADA
E VOLTA O CUCO A CANTAR.

domingo, 2 de mayo de 2010

COMO ESTÁN OS NOSOS VERMES?

XA APARECEU A FOLLA DE MOREIRA EN VEDRA!!!

AGORA QUE TEMOS A COMIDA DOS NOSOS AMIGUIÑOS ESTÁN CRECENDO MOI RÁPIDO!!

XA ESTAMOS NA SEGUNDA IDADE! E A DIFERENZA É MOI GRANDE! E PARA COMPROBALO TIVEMOS QUE MIRAR OS VERMES CUNHA LUPA, E PARA ISO FOMOS XA 2 VECES Ó LABORATORIO.

COMO TIÑAMOS MOITOS, MOITOS, MOITOS VERMIÑOS REGALOMOSLLOS A OUTROS NENOS E NENAS DO COLEXIO, E OS QUE TIÑAMOS PRETO UNHA MOREIRA TAMEN OS LEVAMOS PARA AS NOSAS CASAS.

CARREIRA SOLIDARIA

O LUNS DÍA 26 DE ABRIL TIVEMOS A CARREIRA SOLIDARIA PROGRAMADA PARA A SEMANA ANTERIOR E QUE SE SUSPENDERA POR MOR DO MAL TEMPO. COLABORAMOS COA ASOCIACIÓN "SAVE THE CHILDREN"

CHEGAMOS Á AULA E PREPARÁMONOS PARA O ACONTECEMENTO. COLLEMOS OS NOSOS CARNÉS, SACAMOS AS CHAQUETAS E PUXEMOS OS DORSAIS.

SAÍMOS Ó PATIO E COLOCÁMONOS ONDE NOS MANDARON.

PRIMEIRO SAIRON OS DE 3 ANOS, DESPOIS OS DE 4 E POR ÚLTIMO NÓS.
DA NOSA AULA O QUE PRIMEIRO CHEGOU FOI XABI, PERO NON HABÍA PREMIO POR CHEGAR O PRIMEIRO. TODAS E TODOS OS QUE PARTICIPAMOS TIVEMOS UN DIPLOMA


CANDO CHEGAMOS HABÍA AUGA PARA TODOS E TODAS E EMPEZARON A CORRER OS DE PRIMARIA, PERO NÓS ESTABAMOS TAN CANSOS QUE XA NON NOS ACHEGAMOS A VELOS.

MINGOS CONTOUNOS UN CONTO!

O VENRES 23 DE ABRIL, MINGOS NA BIBLIOTECA LEUNOS O CONTO QUE LEVARA EL PARA A CASA.

DIXEMOS QUE A PARTIR DE AGORA O CAPITÁN OU A CAPITANA DO DÍA CONTARIA O SEU CONTO, COMEZAREMOS O LUNS!!

lunes, 19 de abril de 2010

PLANTAMOS!

HOXE PLANTAMOS NUNHA "MACETA"!


FOMOS Ó PATIO E CADA UN E CADA UNHA PLANTAMOS UNHAS SEMENTES QUE LEVAREMOS PARA A CASA Ó REMATAR O CURSO.

AS PROFES, ANABEL E NATALIA, PLANTARON UNS GLADIOLOS ADEMAIS DUNHA FLOR GRANDE COMO AS NOSAS SEMENTES.

A VER QUE NOS SAE!!!

A ONDE FOMOS NA SEMANA SANTA?

TODAS E TODOS NA SEMANA SANTA FIXEMOS MOITAS MOITAS COUSAS.
CARLOTA VICENTE FOI A CORUÑA COA SÚA FAMILIA E TROUCO DE REGALO UN CONTO MOI BONITO E QUE AINDA NON LERAMOS E UNHAS POSTAIS.
DIEGO FOI A CANTABRIA E TROUXO UN CHAVEIRO AMARELO MOI BONITO E QUE XA LLE PUXEMOS ÁS CHAVES DA PORTA DA ENTRADA
A PROFE FOI A LONDRES E TROUXO UN "APARATO" RARO PARA PINTAR, QUE FAI O ARCO DA VELLA!!

CANTOS VERMES!!

HOXE LUNS 19 DE ABRIL, CANDO CHEGAMOS Á CLASE TIVEMOS UNHA GRAN SORPRESA: SAÍRONNOS MOITÍSIMOS VERMES DE SEDA! AGORA IMOS DARLLLES UNS POUCOS OS DEMAIS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DO COLEXIO.

ADEMAIS TODOS OS QUE QUEIRAMOS PODEREMOS LEVAR PARA A CASA UNS POUCOS SEMPRE QUE TRAIAN UNHA NOTA DAS FAMILIAS DICINDO QUE TEÑEN MOREIRA PARA PODER ALIMENTALOS.

domingo, 18 de abril de 2010

QUE ESTAMOS FACENDO?

NESTE ÚLTIMO TRIMESTRE ESTAMOS TRABALLANDO MOITO.
EMPEZAMOS A UNIDADE DA PRIMAVERA E XA A ESTAMOS REMATANDO!!

TAMEN TEMOS VARIOS FRENTES ABERTOS:
- EMPEZAMOS OS OBRADOIROS
- TEMOS UN CONTO A PIQUES DE MAQUETAR E "EDITAR"
- QUEREMOS EMPEZAR UN PROXECTO ENTRE MANS PARA VER O PROCESO QUE SEGUEN OS NOSOS VERMES DE SEDA
- TEMOS QUE FACER UN SEMENTEIRO DE FLORES E VER O PROCESO DE CRECEMENTO
- ESTA SEMANAO 23 É O DÍA DO LIBRO, E TEMOS QUE CELEBRALO!

CANTAS COUSAS ESTAMOS FACENDO!!
PRECISAMOS MOITA AXUDA DAS FAMILIAS!!

miércoles, 24 de marzo de 2010

REMATAMOS O TRIMESTRE!!

O PRÓXIMO VENRES REMATAMOS XA O 2º TRIMESTRE DESTE CURSO 2009-2010.
FOI UN TRIMESTRE NO QUE APRENDEMOS E FIXEMOS MOITÍSIMAS COUSAS. A MODO DE REPASO:

ESTUDAMOS O INVERNO, OS XOGUETES, AS PROFESIÓNS, O CIRCO E OS MEDIOS DE TRANSPORTE E COMUNICACIÓN

CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ E O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA.

PARTICIPAMOS NO ENTROIDO DO COLEXIO

FOMOS DE EXCURSIÓN Á FERVENZA DO TOXA

OS NENOS E NENAS DE SECUNDARIA CONTÁRONNOS VARIOS CONTOS NA AULA DE PLÁSTICA

OUTROS E OUTRAS ALUMNAS DE SECUNDARIA TAMEN NOS FALARON DO DÍA MUNDIAL DA AUGA NA AULA DE AUDIOVISUAIS.

E MOITISIMAS COUSAS MÁIS QUE XA NON NOS LEMBRAMOS AGORA MESMO...

DENDE AQUÍ, EU COMO MESTRA, QUERÍA AGRADECERLLES ÁS FAMILIAS, UNHA VEZ MÁIS, A SÚA COLABORACIÓN EN TODO MOMENTO, SEN ELA O PROGRESO NON SERÍA TAN RÁPIDO.

NESTE TRIMESTRE CONSEGUIMOS MOITOS DOS OBXECTIVOS SINALADOS NA PROGRAMACIÓN, E OUTROS SUPERÁMOLOS CON CRECES!! CASE ESTAMSOS PREPARADOS E PREPARADAS PARA "SACAR O MANDILÓN"

MERECEMOS UN BO DESCANSO, PARA RECARGAR AS PILAS E VOLVER CON GANAS!!!!!

FELICES VACACIÓNS!!

SABEDES ALGO DO QUE MÁIS LLES GUSTOU ÓS NENOS E NENAS DA EXCURSIÓN??

DESPOIS DA CORRESPONDENTE PREGUNTA, QUE FOI O QUE MÁIS VOS GUSTOU DA EXCURSIÓN?? VARIAS NENAS, DIXERON QUE "AS COUSAS QUE NOS DESTES"
E SABEDES QUE LLES DEMOS?
POIS O CENTRO MERCOU UNS PANOS LARANXAS E UNHAS CHAPAS IDENTIFICATIVAS, OS PRIMEIROS TEÑEN O NOME E O NÚMERO DE TELEFONO DO CENTRO E AS CHAPAS ADEMAIS O NOME PERSONALIZADO DE CADA NENO E NENA. E TAMEN LLES REGALOU UNHAS GORRAS CO NOME DO CENTRO. NÓS DEIXAMOS AS GORRAS NO COLEXIO PORQUE ASÍ XA AS TEMOS PARA A PRÓXIMA EXCURSIÓN E A FINAIS DO CURSO PODERÁN LEVALAS PARA A CASA.


MIRADE QUE CHULOS E CHULAS IAMOS:

ACTUALIZAMOS O ALBUM DAS FOTOS DA EXCURSIÓN!

DESPOIS DE COMPROBAR AS AUTORIZACIÓNS DE USO DA IMAXE POUIDEMOS SUBIR MÁIS FOTOS Ó NOSO ALBUM, E XA O PODEDES VER!!
ESPARAMOS QUE VOS GUSTE!!

viernes, 19 de marzo de 2010

FOMOS DE EXCURSIÓN

O PASADO XOVES DÍA 18 DE MARZO, FOMOS DE EXCURSIÓN Á




FOMOS TÓDALAS CLASES DE EDUCACIÓN INFANTIL E AS CLASES DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

PASÁMOLO MOI MOI BEN!!

Ó CHEGAR PRESENTÁRONNSE AS MONITORAS E LOGO REPARTÍRONNOS EN 4 GRUPOS:
VERMELLO,
VERDE,
AZUL
E OUTRO SEN COR.

DESPOIS FIXEMOS 4 TIPOS DE ACTIVIDADES E FOMOS ROTANDO.

PERO, QUÉ FIXEMOS??
  • CONTÁRONNOS UN CONTO E VIMOS UNHA REPORTAXE
  • PLANTAMOS NO INVERNADOIRO
  • VIMOS E DÉMOSLLE DE COMER ÓS ANIMAIS
  • FIXEMOS PAN

Ó MEDIODÍA COMEMOS MOITÍSIMO, PORQUE ERAN AS 14.30 E TIÑAMOS MOITA MOITA FAME.

Ó REMATAR XOGAMOS UN POUCO NUN CAMPO DE FÚTBOL, RECOLLEMOS AS CHAQUETAS, BEBEMOS FOMOS Ó BAÑO E MONTAMOS NO AUTOBÚS ÁS 16.30.

CHEGAMOS Ó COLEXIO UN POUCO TARDE, E XA ESTABAN AS FAMILIAS E O EQUIPO DIRECTIVO UN POUCO PREOCUPADOS, PERO É QUE COMO O ESTABAMOS PASANDO TAN BEN....

DE TÓDOLOS XEITOS DESCULPÁDENOS POR FACERVOLO PASAR MAL UNS 10 MINUTOS!




CANDO VOLVEMOS DE EXCURSIÓN??!!!

PREMIO POR TER UN BLOG CHULI!!


Os nosos amigos e amigas e a profe Saleta da CPI "Castro Baxoi" de Miño (A Coruña) que teñen o
blog Destino Saleta deixáronnos este fermoso premio, creado por Bea do blog Cousas de peques para os blogs máis máis chulis.MOITAS GRAZAS!!

A condición deste premio é pasalo a 10 blogs que consideres chulísimos. Nós pasámoslle o agasallo a:

Profe Gaby "Miúdos de Goian" Tomiño

Profe Ángela "A trastenda do Cra de Monterrei" Monterrei

Profe Ana "Cousas da nosa clase" Pontedeume

Profe Uxía " Sereas sen cadeas" Aguiño- Ribeira

Profe Ramón "Unha presada de ollomaos" Vilanova de Arousa

Profe "Tolinha" "Casa de tolos"

Profe do blog "Migallas" Catoira

Profe Mela "Vidal Portela Kinders" Pontevedra

Profe Naiara "Duendes juguetones" Poio- Pontevedra

Profes do "Cole de cores" Cabana de Bergantiños

martes, 9 de marzo de 2010

FOMOS Ó MERCADILLO

NO NOSO COLEXIO OS NENOS E NENAS DE 6º DE PRIMARIA ORGANIZARON UN MERCADILLO PARA RECAUDAR CARTOS PARA A SÚA EXCURSIÓN DE FIN DE ETAPA.
NÓS FOMOS O MARTES VER COMO FUNCIONABA E O XOVES FOMOS GASTAR UNS €, ERAN OS CARTOS QUE GAÑAMOS POR PARTICIPAR NO ENTROIDO DO COLEXIO.
TIÑAMOS 1€ POR PERSOA, E CADA QUEN COMPROU O QUE QUIXO, UNS PUIDERON COMPRAR DÚAS COUSAS PORQUE CUSTABAN 0.50€ E OUTROS SO PUIDERON COMPRAR UNHA.
NO MERCADILLO HAI DE TODO: PULSEIRAS, LACA DE UÑAS, CERAS, TÉMPREAS, CONTOS, CARTEIRAS, FULARES, GARABATAS, PELUCHES, PENDENTES, E MOITISIMAS COUSAS MÁIS.
SE PODEDES ACERCÁDEVOS PARA AXUDARLLES, O HORARIO É O SEGUINTE:

MARTES E XOVES
POLA MAÑÁ: 11.20 A 11.50 HORAS
POLA TARDE: DE 14.00 A 15.20 HORAS

lunes, 8 de marzo de 2010

8 DE MARZO DE 2010

HOXE É O DÍA DA MULLER TRABALLADORA,
PARABENS A TODAS!!

SEGUNDO A WIKIPEDIA...

"O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita secular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home. Na antiga Grecia, Lisístrata empezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra; na Revolución Francesa, as parisienses que pedían "liberdade, igualdade e fraternidade" marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino.


A idea dun día internacional da muller xurdiu ao final do
século XIX, que foi, no mundo industrializado, un período de expansión e turbulencia, crecemento fulgurante da poboación e ideoloxías radicais."

E SE QUEREMOS SABER MÁIS PODEMOS VER ESTE VIDEO:

domingo, 7 de marzo de 2010

UNHA COMPAÑEIRA RECIBIU UN PREMIO!

PARTICIPAMOS NUN CONCURSO ORGANIZADO POLO CONCELLO DE VEDRA SOBRE A CAMELIA E CONCEDÉRONLLE O 2º PREMIO A PAULA NÚÑEZ NA NOSA CATEGORÍA, CLARO!
O PREMIO TIÑA QUE IR RECOLLELO O SÁBADO DÍA 27 DE FEBREIRO, PERO POR MOR DO TEMPORAL NON FOI, E TROUXÉRONLLO Ó COLEXIO. GERARDO, O NOSO CONSERXE, FOI O ENCARGADO DE ENTREGARLLE O DIPLOMA MÁIS UN AGASALLO.
NORABOA PAULA!!!

AH!! A TODOS E A TODAS QUE PARTICIPAMOS DARANNOS UN DIPLOMA!!

DEIXAMOS AS NOSAS PEGADAS

O MARTES E O MÉRCORES ESTAMPAMOS A PLANTA DO NOSO PÉ EN FOLIOS,
ENCANTOUNOS MANCHAR OS PÉS CON PINTURA... NON FOI TAN FÁCIL LOGO LIMPALOS
ASÍ REMATAMOS DE ESTUDAR O NOSO CORPO. A PARTIR DO MARTES TRABALLAREMOS OS MEDIOS DE TRANSPORTE E DE COMUNICACIÓN, FACENDO ESPECIAL FINCAPÉ NOS XORNAIS. E CELEBRANDO DESTE XEITO A SEMANA DA PRENSA (DO 8 E Ó 12 DE MARZO DE 2010)

viernes, 19 de febrero de 2010

DIA DOS NAMORADOS

O DOMINGO 14 DE FEBREIRO FOI O DÍA DOS NAMORADOS.

NÓS NA AULA FIXEMOS UN REGALO E DÉMOSLLO A UN AMIGO OU AMIGA DA CLASE!



E COMO FIXEMOS PARA QUE TODAS E TODOS TIVERAMOS REGALO???
POIS XOGAMOS Ó AMIGO INVISIBLE

POLA MAÑÁ ESCRIBIMOS O NOSO NOME NUN PAPEL E METÉMOLO NUNHA BOLSA, DESPOIS CADA UN E UNHA COLLEU UN, E ESA ERA A PERSOA Á QUE LLE TIVEMOS QUE DAR O REGALO.
SOUBEMOS XOGAR MOI BEN, E NON DESCUBRIMOS O NOSO AMIGO INVISIBLE ATA QUE O DIXO A PROFE!!!
Á TARDE, ANTES DE MARCHAR PARA A CASA ENTERGÁMOSLLE Ó REGALO A QUEN NOS TOCOU.

QUEN LLE REGALOU A QUEN?
ALEX A ANDRÉ
ANDRÉ A MIRIAM
MIRIAM A CARLA
CARLA A XABI
XABI A ALEX
DAVID A LUCÍA
LUCÍA A DIEGO
DIEGO A NEREA
NEREA A PAULA
PAULA A DAVID
CARLOTA CEA A ANABEL
ANABEL A CARLOTA VICENTE
CARLOTA VICENTE A CARLOTA CEA
CLAUDIA A MINGOS
MINGOS A NOELA
NOELA A CLAUDIA

PUXEMOS A PANTALLA!

O XOVES A PROFE ENTROI NA AULA DISFRAZADA DE PANTALLA, O DISFRAZ TÍPICO DA SÚA ZONA.
Ó PRINCIPIO AUSTÁMONOS UN POUCO, PERO DESPOIS XA NOS GUSTOU E TODAS E TODOS PUXEMOS A CARETA, MIRADE NAS FOTOS QUE BEN SAIMOS!

lunes, 15 de febrero de 2010

NOTICIAS DOS XENERIAS!

ALGUNS DOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DISFRAZÁRONSE DE XENRAIS, MIRADE QUE CHULOS:


CARLOTA VICENTE, TAREIXA (DE 4 ANOS), ANDRÉ E DOMINGOS: ESTABADES MOI GUAPAS E GUAPOS

viernes, 12 de febrero de 2010

POR FIN CELEBRAMOS O ENTROIDO!

HOXE XA NOS DISFRAZAMOS!!
TODO O CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL FOMOS DE PALLASOS!!
LEVAMOS UNHA PANCARTA DIANTE E FOMOS BAILANDO TODO O DESFILE
Ó CHEGAR Ó COLE DESFILAMOS NO PATIO, E DESPOIS XA PUIDEMOS XOGAR UN POUCO.

martes, 9 de febrero de 2010

XENERAIS DO ULLA

HOXE, ESTIVEMOS MIRANDO EN INTERNET O QUE SON OS XENERAIS,
E PUIDEMOS VER QUE É O DISFRAZ TÍPICO DA NOSA ZONA.
XA VIMOS COMO SE VISTEN, E QUE FAN!
PERO SEGUIREMOS INVESTIGANDO MÁIS!
ISTO SO É O PRINCIPIO:



San Xián de Sales (Vedra), non só hai xenerais no Antroido: tamén hai xeneralas. A imaxe tomouse o 16 de febreiro de 2002. (c) H. Neira 2002

ESTÁ CHEGANDO O ENTROIDO!!

EN VEDRA, ESTAMOS CELEBRANDO O ENTROIDO
CADA DÍA DA SEMANA TOCA DISFRAZAR UNHA PARTE DA CARA:

O LUNS LÉMBRATE TRAER
ALGO NA CABEZA
QUE A TODOS HA SORPRENDER.

O MARTES PORÁS ALGO NA CARA
E ASÍ O MECO
NO SE ENFADA.

O MÉRCORES ALGO NO CORPO
TES QUE COLOCAR
E ASÍ O MECO IMOS ENGALANAR.

O XOVES ALGO NOS PÉS TRAERÁS
E, POR FIN, O MECO
REMATADO VERÁS.

E O VENRES.... SORPRENDEREMOS A TODAS E TODOS!!!

BO ENTROIDO!!

miércoles, 3 de febrero de 2010

A ONDE FOI A PROFE?

ESTA FIN DE SEMANA A PROFE ANABEL FOI A MADRID E IGUAL QUE XABI TROUXONOS REGALOS

UNHAS POSTAIS DOS MONUMENTOS DESA CIDADE



E UN BLOG PARA ESCRIBIR AS NOSAS NOTAS

sábado, 30 de enero de 2010

PREPARÁMONOS PARA O ENTROIDO

ESTA SEMANA EMPEZAREMOS A FALAR DO ENTROIDO!



BENVIDO DON CARNAL!!
PERO DE ONDE VEN??
O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas.
Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galicia. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes, pero a dúbida asalta ao preguntármonos pola súa orixe: hai quen di que veñen dos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban aos morosos que non pagasen a tempo. Sen embargo, tanto Vicente Risco coma Bouza Brey viron neles unha orixe moito máis antiga. Risco cría que proviña das asociacións segredas primitivas ou de ritos sagrados e Bouza supón que as súas orixes pertencen á prehistoria, coma unha evolución de vellas cerimonias tribais.
Outros protagonistas do Entroido son os "xenerais" en Boqueixón, Vedra, A Estrada, Vila de Cruces e Silleda; as Pantallas de Xinzo de Limia, os boteiros e "foliós" en Viana do Bolo, as máscaras traballadas dos Volantes en Chantada , ademais dos xa coñecidos Cigarróns de Laza e Verín son algúns dos sinais desta festa tque se pechará un mércores de cinza coa queima do Momo e o Meco ou o enterro do Ravachol en Pontevedra.
Tempo para a diversión e para o bo xantar... porque outra compoñente -importantísima do Entroido galego é a gastronomía: o lacón con grelos como prato forte, acompañado de doces como as orellas ou as filloas, son as comidas típicas destas festas.

BENVIDO XABI!!

O XOVES XA SE INCORPOROU XABI!
TROUXONOS VARIOS REGALOS DE "LA PALMA":


- UNHA RATA QUE PODEREMOS COLGAR DO TEITO

- UNHA BOLA DE CRISTAL CON NEVE

- UN LAPIS XIGANTE

GUSTARONNOS MOITO!

TAMEN TROUXO UNHAS POSTAIS QUE ESTIVEMOS VENDO, E QUE EL LLES EXPLICOU AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DA SUA MESA. OUTRO DIA VOLVERA TRAELAS PARA ENSINARLLAS A OUTRA MESA.

A TARDE FOMOS A AULA DE AUDIOVISUAIS E ESTIVEMOS ENSINANDOLLE TODO O QUE LLE ESCRIBIMOS NO BLOG PARA EL.

DE NOVO CHE DICIMOS: BENVIDO!!!

miércoles, 27 de enero de 2010

OLA XABI

OLA!
TEMOS UN COMPAÑEIRO DE VACACIÓNS COS SEUS AVÓS NA PALMA. XA O BOTAMOS DE MENOS!
XA TEMOS GANAS DE QUE VOLVA!
ESTA SEMANA APRENDEMOS A "R", ESCRIBIMOSLLE ÓS NOSOS AMIGOS DE MIÑO E CONTINUAMOS O CONTO!
TI XA ACABACHE OS DEBERES QUE LEVABAS??
VOLVE PRONTO!
ERES UN BO AMIGO DE PARTE DE CLAUDIA E TAMÉN DI QUE A PROFE ANA O BOTA MOITO DE MENOS, PREGUNTA TÓDOLOS DÍAS POR EL.
UNHA APERTA PARA TI DE PARTE DE NEREA
DOMINGOS, DIEGO E ANDRÉ BÓTAMOSTE MOITO MOITO DE MENOS
CARLOTA CEA MÁNDACHE UN BICO
CARLOTA VICENTE DI QUE ERES UN BO ESTUDANTE
NOELA DI QUE ESTAMOS ESPERANDO QUE VOLVAS PARA XOGAR
UN ABRAZO DE PARTE DE MIRIAM
LUCIA DI QUE SUPÓN QUE TE ESTÁS DIVERTINDO MOITO
DIEGO DI QUE NON SABE CANDO VES PERO QUE CHE MANDA UN BICO
DAVID DI QUE ERES MOI BO NA CLASE

E EN XERAL QUE TE BOTAMOS DE MENOS E QUE TEMOS GANAS DE QUE VOLVAS!

jueves, 14 de enero de 2010

COMEZAMOS O 2º TRIMESTRE

XA EMPEZAMOS UN NOVO TRIMESTRE!!
PAPÁ NOEL E OS REIS TROUXERONNOS MOITAS COUSAS NAS CASAS E NO COLEXIO DEIXÁRONNOS UNS XOGOS INTERACTIVOS DE CAILLOU!!
HOXE, XOVES, IMOS ESTREALOS!!


NESTE MES IMOS ESTUDAR O INVERNO E O CIRCO!! DURANTE ESTA SEMANA ESTAMOS MIRANDO QUE É O QUE SABEMOS DOS TEMAS, E PARA A QUE VEN IMOS COMEZAR UN ESTUDO MÁIS PROFUNDO!