XA ENTRAMOS NA RECTA FINAL DO CURSO.
TEMOS O HORARIO DE VERÁN:
SO TEMOS CLASES POLAS TARDES OS MARTES E XOVES.
NA AULA ESTAMOS REMATANDO E ENCADERNANDO OS LIBROS QUE FIXEMOS CON TÓDOLOS DEBERES DOS CONTOS!!! ESTANOS QUEDANDO UN LIBRO BASTANTE GORDO!!
OS OUTROS LIBROS XA OS TEMOS CASE CASE ACABADOS.
E OS VERMES DE SEDA... POIS XA SO TEMOS "CASULOS" AGORA ESTAMOS ESPERANDO A QUE PASE A METAMORFOSE PARA PODER VER O FINAL DO PROCESO, CON ISO TAMEN FINALIZAMOS O LIBRO DESTES BICHIÑOS.
ASÍ POUQUIÑO A POUCO FOMOS FACENDO MOITAS COUSAS.
ÁNIMO A TODOS E A TODAS, QUE XA NON NOS QUEDA NADA!!!
Ola rapazas e rapaces!!!!
ResponderEliminarNós somos uns estudantes de maxisterio da Facultade de Santiago de Compostela que dende fai un tempo vimos seguindo a vosa andaina por este blog.
Mesmo falamos do voso traballo pola rede na nosa clase.
Como sabemos que estades a piques de rematar o curso farianos moita ilusión poder ir ó voso cole e coñecervos, pasar unha tarde con vós e facer algo xuntos. Apetécevos????
OLA.
ResponderEliminarACABAMOS DE LER O VOSO COMENTARIO E ENCANTARÍANOS QUE VIÑERADES COÑECERNOS E VER A NOSA CLASE. TEMOS CAPULLOS DE GUSANOS DE SEDA, PLANTAS... QUE ILUSIÓN!!
ATA PRONTO!!
É alucinante todo todo o que traballáchedes todos e o ben que o fixechedes. Esperamos que en 1º sigades así, con tanta ilusión e tantas ganas. É xenial a idea de seguir o ano que ben cos obradoiros tanto os de Ed. Infantil como os de 1º e 2º de Ed. Primaria.
ResponderEliminarEste curso foi estupendo por parte de todo o equipo que formades o colexio, mestres/as, alumnos/as, o conserxe, o director, o secretario,coidadoras de comedor... por todos/as e tamén é incrible que ata os/as alumnos/as de maxisterio, futuros mestres, estén seguindo a vosa, bueno, a nosa andaina.
Pena que crezades tan rápido...
Un saudiño
Pois tedes que saber que a vosa andaina serviu de exemplo a seguir na nosa facultade
ResponderEliminarAsique ánimo e noraboa polo traballo que todos xuntos conseguistes!
Rapazas e rapaces estivemos pensando e como sabemos que maña tedes clase pola tarde ...en facervos unha pequena visita!
podemos??
Nosotros ya sabíamos que hemos sido muy afortunados este curso - todos hemos aprendido muchísimo con Anabel (no sólo los alumnos!) y la verdad es que no creo que sería facil encontrar mejor modelo para seguir. Me alegro mucho que el buen trabajo también está reconocido por los de fuera! Futuros maestros - cuando seáis padres os dareis cuenta de la satisfacción y tranquilidad nos da saber que nuestros peques están en buenas manos. ¡Qué disfrutéis de la tarde con ellos!
ResponderEliminarOla a todas e todos!!!
ResponderEliminarAquí os futuros mestres á fala!
Hoxe estivemos no cole pola tarde. En primeiro lugar dar as grazas a Anabel por tratarnos con tanta amabilidade e por axudarnos e aconsellarnos en todo momento!
En segundo lugar grazas ós artistas por facer ese marabilloso mural para que nós ensinemos na Faultade o traballadores qeu son os nenos do cole de Vedra!
Foi unha experiencia única e insequecible para nós estar hoxe cas ananas e ananos.
É asombroso o intelixentes e avanzados que están estes nenos, con tan só 5 aniños que teñen, xa saben ler, escribir e comezan coas multiplicacións!!!!!
Foi impactante chegar a unha aula de infantil e ver no encerado a tabla do 1!
Creemos que debedes sentirvos orgullosos de todo o que conseguistes que ó noso parecer é moitíiisimo!
Unha aperta a todas e todos, e un moi forte para Anabel que se portou máis que ben con nós!!!
Graciñas de novo !!!
uff!!MOITISIMAS GRAZAS POR ESTES COMENTARIOS.
ResponderEliminarEN PRIMEIRO LUGAR DECIRVOS QUE TODO O QUE SE PUIDO FACER É GRAZAS Á COLABORACIÓN DA FAMILIA, NON ME CANSAREI DE REPETILO, AS COUSAS PODEN FUNCIONAR SE TEMOS UN TRABALLO COLABORATIVO E TIRAMOS PARA O MESMO LADO. SEN A VOSA AXUDA NON CONSEGUIRIAMOS TANTAS TANTAS TANTAS COUSAS.
EN SEGUNDO LUGAR DICIRLLES A ESES FUTUROS DOCENTES QUE PARA SER O PRIMEIRO CONTACTO CON NENAS E NENOS DE 5 ANOS FIXÉRONO MOI MOI BEN.
VÉSELLES MOI ANIMADOS E CON INICIATIVA, NÓTASE QUE LLES GUSTA A PROFESIÓN E TRANSMITENO! ESPERO QUE NON VOS DESILUSIONEDES, PORQUE É UNHA CARREIRA MOI AGRADECIDA, MOTIVANTE, ENRIQUECEDORA... E POR SUPOSTO POLA QUE HAI QUE SENTIR UNHA GRANDE VOCACIÓN!!
XA SABEDES ONDE ESTAMOS E COMO CONTACTAR CON NÓS PARA FUTUROS TRABALLOS, ESTAREMOS ENCANTADOS E ENCANTADAS DE ATENDERVOS!!!
EN TERCEIRO LUGAR, QUERIA PUNTUALIZAR QUE NO ENCERADO DA AULA ESTABAN AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR DO 1 E DO 2.
GRAZAS A TODAS E A TODOS
A educacion, tratase de tres lados co que se pretende formar un triangulo, a poder ser equilatero.
ResponderEliminarO profesor, o alumno e a familia, si un deles falla o triangulo nunca poderase formar, por iso e tan importante a comunicacion entre eses tres catetos que hai que pechar.
E a mellor forma de aprender e xogando todos xuntos, sin separar o colexo da casa, nin do entorno.
O curso funcionou, porque existe a comunicación, o poder opinar e expresar o que pensamos, facendo criticas constructivas, positivas o negativas fainos mais enriquecedores e mais persoas.
gracias a todos.
ola a todos, temos que comunicaros que hoxe pola mañan, cando baixamos a almorzar, levamonos unha enorme sorpresa.
ResponderEliminarNaceron duas volvoretas, acabaran de nacer porque unha ainda no se movia e a outra non paraba de mover as alas para secalas.
Son blancas, teñen uns ollos grandes e tamen unhas antenas que parecen cornos.
Despois teremos que a buscar mais moreira para darlles de comer.
Non sabemos como chamarlles<?, pero son tan monas...
OLA!!
ResponderEliminarQUE BEN!! POR FIN SAIRON! XA SABIAMOS QUE TIÑAMOS UNHA SEMANA DE RETRASO POLO MAL TEMPO...
ESPERAMOS QUE MAÑÁ MINGOS E TAREIXA NOS POIDAN CONTAR POR QUÉ SO UNHA MOVÍA AS ÁS, XA MIRASTES CAL É O MACHO E CAL A FEMIA?
COMEN??
AGORA PODEREMOS REMATAR O PROXECTO E CONTESTAR AS ÚLTIMAS PREGUNTAS.
ATA MAÑÁ!!!