O NOSO LEMA


Excelente mestra/e é aquela ou aquel que, ensinando pouco, fai nacer no alumnado o gran desexo de aprender

viernes, 19 de febrero de 2010

PUXEMOS A PANTALLA!

O XOVES A PROFE ENTROI NA AULA DISFRAZADA DE PANTALLA, O DISFRAZ TÍPICO DA SÚA ZONA.
Ó PRINCIPIO AUSTÁMONOS UN POUCO, PERO DESPOIS XA NOS GUSTOU E TODAS E TODOS PUXEMOS A CARETA, MIRADE NAS FOTOS QUE BEN SAIMOS!

lunes, 15 de febrero de 2010

NOTICIAS DOS XENERIAS!

ALGUNS DOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DISFRAZÁRONSE DE XENRAIS, MIRADE QUE CHULOS:


CARLOTA VICENTE, TAREIXA (DE 4 ANOS), ANDRÉ E DOMINGOS: ESTABADES MOI GUAPAS E GUAPOS

viernes, 12 de febrero de 2010

POR FIN CELEBRAMOS O ENTROIDO!

HOXE XA NOS DISFRAZAMOS!!
TODO O CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL FOMOS DE PALLASOS!!
LEVAMOS UNHA PANCARTA DIANTE E FOMOS BAILANDO TODO O DESFILE
Ó CHEGAR Ó COLE DESFILAMOS NO PATIO, E DESPOIS XA PUIDEMOS XOGAR UN POUCO.

martes, 9 de febrero de 2010

XENERAIS DO ULLA

HOXE, ESTIVEMOS MIRANDO EN INTERNET O QUE SON OS XENERAIS,
E PUIDEMOS VER QUE É O DISFRAZ TÍPICO DA NOSA ZONA.
XA VIMOS COMO SE VISTEN, E QUE FAN!
PERO SEGUIREMOS INVESTIGANDO MÁIS!
ISTO SO É O PRINCIPIO:



San Xián de Sales (Vedra), non só hai xenerais no Antroido: tamén hai xeneralas. A imaxe tomouse o 16 de febreiro de 2002. (c) H. Neira 2002

ESTÁ CHEGANDO O ENTROIDO!!

EN VEDRA, ESTAMOS CELEBRANDO O ENTROIDO
CADA DÍA DA SEMANA TOCA DISFRAZAR UNHA PARTE DA CARA:

O LUNS LÉMBRATE TRAER
ALGO NA CABEZA
QUE A TODOS HA SORPRENDER.

O MARTES PORÁS ALGO NA CARA
E ASÍ O MECO
NO SE ENFADA.

O MÉRCORES ALGO NO CORPO
TES QUE COLOCAR
E ASÍ O MECO IMOS ENGALANAR.

O XOVES ALGO NOS PÉS TRAERÁS
E, POR FIN, O MECO
REMATADO VERÁS.

E O VENRES.... SORPRENDEREMOS A TODAS E TODOS!!!

BO ENTROIDO!!

miércoles, 3 de febrero de 2010

A ONDE FOI A PROFE?

ESTA FIN DE SEMANA A PROFE ANABEL FOI A MADRID E IGUAL QUE XABI TROUXONOS REGALOS

UNHAS POSTAIS DOS MONUMENTOS DESA CIDADE



E UN BLOG PARA ESCRIBIR AS NOSAS NOTAS

sábado, 30 de enero de 2010

PREPARÁMONOS PARA O ENTROIDO

ESTA SEMANA EMPEZAREMOS A FALAR DO ENTROIDO!



BENVIDO DON CARNAL!!
PERO DE ONDE VEN??
O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas.
Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galicia. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes, pero a dúbida asalta ao preguntármonos pola súa orixe: hai quen di que veñen dos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban aos morosos que non pagasen a tempo. Sen embargo, tanto Vicente Risco coma Bouza Brey viron neles unha orixe moito máis antiga. Risco cría que proviña das asociacións segredas primitivas ou de ritos sagrados e Bouza supón que as súas orixes pertencen á prehistoria, coma unha evolución de vellas cerimonias tribais.
Outros protagonistas do Entroido son os "xenerais" en Boqueixón, Vedra, A Estrada, Vila de Cruces e Silleda; as Pantallas de Xinzo de Limia, os boteiros e "foliós" en Viana do Bolo, as máscaras traballadas dos Volantes en Chantada , ademais dos xa coñecidos Cigarróns de Laza e Verín son algúns dos sinais desta festa tque se pechará un mércores de cinza coa queima do Momo e o Meco ou o enterro do Ravachol en Pontevedra.
Tempo para a diversión e para o bo xantar... porque outra compoñente -importantísima do Entroido galego é a gastronomía: o lacón con grelos como prato forte, acompañado de doces como as orellas ou as filloas, son as comidas típicas destas festas.