O NOSO LEMA


Excelente mestra/e é aquela ou aquel que, ensinando pouco, fai nacer no alumnado o gran desexo de aprender

lunes, 8 de marzo de 2010

8 DE MARZO DE 2010

HOXE É O DÍA DA MULLER TRABALLADORA,
PARABENS A TODAS!!

SEGUNDO A WIKIPEDIA...

"O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita secular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home. Na antiga Grecia, Lisístrata empezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra; na Revolución Francesa, as parisienses que pedían "liberdade, igualdade e fraternidade" marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino.


A idea dun día internacional da muller xurdiu ao final do
século XIX, que foi, no mundo industrializado, un período de expansión e turbulencia, crecemento fulgurante da poboación e ideoloxías radicais."

E SE QUEREMOS SABER MÁIS PODEMOS VER ESTE VIDEO:

No hay comentarios:

Publicar un comentario