O NOSO LEMA


Excelente mestra/e é aquela ou aquel que, ensinando pouco, fai nacer no alumnado o gran desexo de aprender

martes, 9 de marzo de 2010

FOMOS Ó MERCADILLO

NO NOSO COLEXIO OS NENOS E NENAS DE 6º DE PRIMARIA ORGANIZARON UN MERCADILLO PARA RECAUDAR CARTOS PARA A SÚA EXCURSIÓN DE FIN DE ETAPA.
NÓS FOMOS O MARTES VER COMO FUNCIONABA E O XOVES FOMOS GASTAR UNS €, ERAN OS CARTOS QUE GAÑAMOS POR PARTICIPAR NO ENTROIDO DO COLEXIO.
TIÑAMOS 1€ POR PERSOA, E CADA QUEN COMPROU O QUE QUIXO, UNS PUIDERON COMPRAR DÚAS COUSAS PORQUE CUSTABAN 0.50€ E OUTROS SO PUIDERON COMPRAR UNHA.
NO MERCADILLO HAI DE TODO: PULSEIRAS, LACA DE UÑAS, CERAS, TÉMPREAS, CONTOS, CARTEIRAS, FULARES, GARABATAS, PELUCHES, PENDENTES, E MOITISIMAS COUSAS MÁIS.
SE PODEDES ACERCÁDEVOS PARA AXUDARLLES, O HORARIO É O SEGUINTE:

MARTES E XOVES
POLA MAÑÁ: 11.20 A 11.50 HORAS
POLA TARDE: DE 14.00 A 15.20 HORAS

1 comentario:

  1. Aaaaai...quen me dera poder ir a ese mercadillo! NENOS E NENAS DE VEDRA ESTAMOS MOI CONTENTOS EN MIÑO PORQUE ANTONTE RECIBIMOS A VOSA CARTA E GUSTOUNOS MOITO. UNHA APERTA MOI GRANDE PARA TODAS E TODOS E...ESTADE PENDENTES DO CARTEIRO!!

    ResponderEliminar